VISITAS

xoves, 14 de decembro de 2017

FINAL COMARCAL CAMPO A TRAVÉS



FINAL COMARCAL O RIBEIRO

DATA: XOVES 18 de Xaneiro de 2018
LUGAR:  Ribadavia (Campo de Futbol de O Xestal)
HORARIOS:(Saida por categorias)

CATEGORIA

HORA DE SAIDA
Nº VOLTAS O PERCORRIDO

Cadete masculino

10,30 h.
3 voltas grande

Cadete feminino

10,45 h.
2 voltas camp fut+1grande

Infantil masculino

11,00 h.
2 voltas grande

Infantil feminino

11,20 h.
1 volta grande

Alevin masculino

11,35 h.
2 voltas camp fut+1grande

Alevin  feminino

11,50 h.
3 voltas campo de futbol

Benxamin mixto

12,10 h.
2 voltas campo de futbol


martes, 7 de novembro de 2017

CALENDARIO DEPORTIVO CURSO 17-18




AGRUPACION O RIBEIRO

COMPETICIÓN DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR
2017-2018

MULTIPEPORTE:

CALENDARIO: CATEGORÍA ALEVIN MIXTO

1ª XORNADA (20 -  24 de novembro 2017)


2ª XORNADA (19 - 23 FEBREIRO 2018)


3ª XORNADA (12-16 MARZO 2018)   




MODELO XORNADA / DEPORTES COLECTIVOS

INSTALACIÓN: POLIDEPORTIVO O CONSELLO (RIBADAVIA)



-          Cinco modalidades
-          2 tempos de 10 minutos con 2 minutos de descanso




HORA


MODALIDADE

11,00 h.


Badminton

Brile

11,30 h.

Baloncesto




11,55 h.


Gaelico


12,20 h.


Futbol - sala




  

COMPETICIÓN DEPORTIVA EN IDADE ESCOLAR 2017/2018:


CAMPO A TRAVES

Data
Xornada
Instalación
Xoves 18 / Xaneiro / 2018
Final Comarcal
Complexo Deportivo “O Xestal”
3/febreiro/2018
Final provincial

 
Campeonato galego



BADMINTON
PRIMARIA
Data
Xornada
Instalación
 marzo 2018
Final individual
Polideportivo O consello Ribadavia


SECUNDARIA
Data
Xornada
Instalación
 marzo 2018
Final individual
Polideportivo O consello



XOGANDO CO ATLETISMO

Data
Xornada
Instalación
Xoves
26 de Abril  2018
Concentración
Polideportivo O consello



ATLETISMO EN PISTA

IES Ribadavia

  


XORNADA PARA 1º E 2º DE PRIMARIA
MULTIXOGO

Data
Xornada
Instalación
Martes
8 de maio  2018
Concentración
Polideportivo O consello




ORIENTACION

Data
Xornada
Instalación
Venres
 25 de Maio 2018
Concentración
 Parque A Veronza
Ribadavia

















































luns, 23 de outubro de 2017

REUNIÓN COMPETICIÓNS DEPORTE ESCOLAR CURSO 17-18





Agrupación Zona O Ribeiro


Reunión:

  - calendario de competicións

 data:   venres 27 de outubro   as  11:00 horas


  Lugar:  Pavillon de deportes de Ribadavia  

xoves, 18 de maio de 2017

FINAL PROVINCIAL BADMINTON EN IMAXES

O PASADO SABADO 13 DE MAIO DISPUTOUSE A FINAL PROVINCIAL DE BADMINTON NA UNIVERSIDADE LABORAL ONDE O NOSO ALUMNADO DISFRUTOU CON ESTE INTERESANTE DEPORTE,, AQUI DEIXAMOS UNHA SERIE DE IMAXES QUE RECOLLEMOS DURENTE O EVENTO, DESTACANDO A MEDAIA QUE ACADOU GAEL RGUEZ EN CATEGORIA BENXAMIN
francudeiro's PROVINCIAL BADMINTON 17 album on Photobucket

xoves, 4 de maio de 2017

XOGANDO AO ATLETISMO EN IMAXES

O PASADO 27 DE ABRIL DESPRAZÁMONOS AO PAVILLON DE RIBADAVIA A REALIZAR UNHA XORNADA DE ATLETISMO QUE RESULTOU MOI DIVERTIDA E SATISFACTORIA , AQUI PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS
francudeiro's XOGANDO AO ATLETISMO NO RIBEIRO 2107 album on Photobucket

mércores, 3 de maio de 2017

Orientación

Bos días. O vindeiro venres 19 de maio pola mañá, celebraremos no Xestal o Dia Mundial da Orientación (WOD-World Orienteering Day: http://worldorienteeringday.com/). O curso pasado máis de 250.000 nenos e nenas de escolas de todo o mundo celebrarono.
A dinámica da actividade será a seguinte. O alumnado participará en parellas, asignandóselle un mapa a cada unha. Non é preciso usar búxola. A saída será en masa (como no Campo a Través) e por quendas dos discintos ciclos educativos, desde o campo de fútbol. Daraselle unha breve explicación previa ao alumnado de cada ciclo, como a que segue a continuación:

1.- Cada parella buscará  na orde que desexe (ou sexa a orde libre típica nos percorridos de tipo Score: con puntuación; ainda que neste caso non se puntuará dado o carácter lúdico da actividade) as balizas que aparecen marcadas cun círculo morado no mapa. Cada círculo ou control ten un número ao seu carón, que se corresponderá co da baliza ubicada no terreo. Se atopan unha baliza que non ten o número indicado, supón que estan no lugar incorrecto.
2.- Unha vez na baliza correcta, teñen que picar coa pinza troqueladora -que estará pendurada da baliza- na casiña correcta do mapa (a que ten ese número), para así certificar o seu paso.

IMPORTANTE: As balizas non se poden mover do sitio (arrancar, tirar, etc,...) e se chegan varias parellas ao tempo, teñen que facer cola, respectándose, e picar na quenda que lles corresponda.
3.- Unha vez chegados á Meta (marcada por un dobre círculo concéntrico morado no mapa)-que estará no centro do campo de fútbol- cada parella deberá comprobar se picou correctamente, comparando ás súas picadas coas do tarxeta mestra de control do seu percorrido, que terá a organización.
O horario aproximado será o seguinte:
- 11:00h: Saída en Masa do 2º Ciclo de Primaria.
- 11:45h: Saída en Masa do 3º Ciclo de Primaria.

NOTA: Ao ser unha actividade de carácter lúdico-educativo non haberá tomas de tempos.

Esta actividade conta coa colaboración desinteresada do Club Pena Trevinca-Barco e a Delegación Ourensá da FEGADO-FEDO.

Atentamente, un saúdo.

AGRUPACIÓN DEPORTIVA ESCOLAR O RIBEIRO


luns, 1 de maio de 2017

ORIENTACIÓN NO CPI



Durante o mes de maio e se o tempo o permite, levaremos a cabo varias sesións de orientación no interior do centro para practicar este deporte tan divertido e motivante, preparádevos para a diversión!!!!!

Ademáis participaremos nas xornadas que se celebrarán na veronza o 19 de maio cos diferentes colexios da contorna!



martes, 11 de abril de 2017

FINAL PROVINCIAL DA COMPETICIÓN DE BÁDMINTON EN IDADE ESCOLAR 2016-2017


ZONA OURENSE
Data: Sábado, 13 de maio de 2017

Instalación. Polideportivo da Universidade Laboral, Ourense

Categorías.  BENXAMÍN:  nados en 2007 e posteriores    INFANTIL: 2004 e 2003
                      ALEVÍN: 2006 e 2005                                          CADETE: 2002 e 2001

Modalidades.  Xogo individual, masculino e feminino. A categoría Benxamín tamén vai separada en Masculino e Feminino.

Horario. Reunión de delegados ás 9:30 . Competición a  partir das 10 h. ata o remate.   ( xornada de mañá)

Inscricións.  Lembrade facer a inscrición en orde de forza.
                       Utilizar impreso adxunto.
                       Remitir a:  nuria@edu.xunta.es

Prazos.  Antes das 22:00h do martes día 9 de maio

Xogo.  Partidos a 30 puntos, con cambio de campo en 15 e sen prolongación.
            Cadro dobre eliminatorio. Xogaremos todos os postos.
            Volante de nylon
            Normativa oficial da Federación Galega e do Xogade
            Indumentaria adecuada.

O SERVICIO PROVINCIAL DA XUNTA DE GALICIA PROPORCIONARÁ  PIC NIC PARA @S DEPORTISTAS


domingo, 2 de abril de 2017

XOGANDO O ATLETISMO


Agrupación o ribeiro
XOGANDO O ATLETISMO
                                                         
Data:  Xoves  27 de Abril

Lugar: Pavillón de Ribadavia


CATEGORIAS:
                   Alevin e benxamin
   
   Cada neno só podra participar en duas probas.


PROBAS:  

-       40m. lisos

-       Relevos  80m x 4 (mixtos)


-       Lanzamento Peso (balon medicinal)
           (pés en paralelo e sen saltar lanzar de espandas)

-       lonxitude
                 (pés en paralelo  e saltar pa diante)

-       xabalina

-       altura


-       bancada
            (30 segundos, saltar aun lado e otro do banco)






             


martes, 14 de marzo de 2017

TALLER DE XOGOS POPULARES

Dende o CCP Xaquín Lorenzo – Deputación de Ourense fomos admitidos no IX Obradoiro de Xogos Tradicionais.
A realización do obradoiro tivo lugar

MÉRCORES: 21 de febreiro e 7 de marzo

as actividades elegidas foron:


Sesión 7: Enredos: xoguetes e inxenios musicais

Precísase: Un espazo pechado, podería ser a propia aula.
Observacións: Nesta descrición de sesión tan só se describen algúns dos enredos que podemos elaborar.


Pionela

Este enredo e un peón moi sinxelo xa que só hai que xirar un dos seus extremos para que baile.

Fúrase un carrabouxo, landra ou abelá cun palillo deixando un extremo pequeno que fará de punta e outro un pouco mais grande para agarralo e facelo xirar.

Turuta

Para realizar este enredo precisamos un anaco de cana duns 20centímetros sen nós ós extremos. Nun dos lados a un par de centímetros do borde faremos un burato cunha tesoira.

Finalmente so teremos que tapar o extremo do burato utilizando papel de fumar ou a casca dunha cebola seca (tamén se podería utilizar un anaco de bolsa de plástico) e atalo cun fío.

Para que soe so temos que tararear polo burato pequeno.



Sesión 8: Xogos bailados

Precísase: Un espazo amplo (preferiblemente pechado) e un punto de luz onde poder enchufar un equipo de música.
Observacións: Nesta descrición de sesión tan só se describen algúns dos bailes ós que podemos xogar.


O regador

É un baile por parellas, agarrados de ganchete todas as parellas xiran en roda ata parar e atoparse fronte a fronte. Ahí fanse sinxelos pasos tradicionais, e un muíño leva a un cambio de parella e volta a roda.

O Lambonciño

É un xogo bailado no que todos se sitúan en roda excepto un que queda no medio, o ‘lambón’. O número de xogadores debe ser impar.

Divídese en catro partes:
·     na primeira a roda xira mentres se ri do lambonciño
·     na segunda o lambón escolle parella e botan un baile
·     na terceira todos collen parella o que queda sen ela pasa a ser o lambonciño.
·     por último este novo lambón, pode ‘pasarlle a bola’ a outro no que dura este anaco de canción.



Sesión 9: Tabas e xogos de ritmo
Precísase: Un espazo pechado, podería ser a propia aula


Tabas

Ademais das tabas, precisamos tamén para xogar unha pelota, pequena, que colla na cunca da man, e logo de establecerse a vez da xogada, comeza o primeiro participante lanzando as tabas sobre o chán ou unha mesa, ó chou.

Lanzada a pelotiña ó ar, débese coller unha taba e logo a pelota (coa mesma man) antes de que esta bata no chan.

Xogos de ritmo: o anel e Don Pedrón

O anel ou o furón:

Para este xogo precisase dun cordel e dun anel (ou calquera obxecto que colla nunha man e se poida meter a través do cordón, por exemplo, un carrete de fío).

Os xogadores/as séntanse todos en corro ben pegadiños uns dos outros menos un que queda no medio. Os de fora deben agarrar o cordón coas dúas mans e o que teña o anel agochalo ben. Ó ritmo dunha canción, xuntarán e separarán as mans, todos á vez, facéndoas chocar cos dos lados. Pretendese que nestes movementos o anel vaia pasando de man en man sen que o que panda (situado no medio da roda) os vexa.

Ó remate da canción o que panda ten que adiviñar en que man está o anel. Se o consegue pasará ó corro e será o outro xogador o que pande, en caso contrario pandará o mesmo ate descubrir que ten o anel.

A canción é:
‘O furón está por alí
Non o teño eu nin tampouco ti
O furón está por alá
Nin ti o verás tampouco eu cho vin’

  Don Pedrón:

Colócanse todos/as os/as xogadores/as en roda e sentados no chan. Cada xogador terá un obxecto (por exemplo unha noz) que colocará na palma da man esquerda.
Ó ritmo dunha canción teñen que coller o obxecto coa man dereita e pousalo na palma da man esquerda do compañeiro/a da dereita. Cando alguén se equivoque, perda o ritmo, acumule obxectos de mais estará eliminado.

A canción é:
‘Don Pedrón como era calvo
Amolábano os mosquitos
E a súa nai dicía:
-Pon o gorro que vai frío
O fallón, o fallón,
Imos xogar o fallón...
Que mo manda Don Pedrón...

francudeiro's TALLER DE XOGOS POPULARES 17 album on Photobucket
como era calvo...”