VISITAS

martes, 14 de marzo de 2017

TALLER DE XOGOS POPULARES

Dende o CCP Xaquín Lorenzo – Deputación de Ourense fomos admitidos no IX Obradoiro de Xogos Tradicionais.
A realización do obradoiro tivo lugar

MÉRCORES: 21 de febreiro e 7 de marzo

as actividades elegidas foron:


Sesión 7: Enredos: xoguetes e inxenios musicais

Precísase: Un espazo pechado, podería ser a propia aula.
Observacións: Nesta descrición de sesión tan só se describen algúns dos enredos que podemos elaborar.


Pionela

Este enredo e un peón moi sinxelo xa que só hai que xirar un dos seus extremos para que baile.

Fúrase un carrabouxo, landra ou abelá cun palillo deixando un extremo pequeno que fará de punta e outro un pouco mais grande para agarralo e facelo xirar.

Turuta

Para realizar este enredo precisamos un anaco de cana duns 20centímetros sen nós ós extremos. Nun dos lados a un par de centímetros do borde faremos un burato cunha tesoira.

Finalmente so teremos que tapar o extremo do burato utilizando papel de fumar ou a casca dunha cebola seca (tamén se podería utilizar un anaco de bolsa de plástico) e atalo cun fío.

Para que soe so temos que tararear polo burato pequeno.



Sesión 8: Xogos bailados

Precísase: Un espazo amplo (preferiblemente pechado) e un punto de luz onde poder enchufar un equipo de música.
Observacións: Nesta descrición de sesión tan só se describen algúns dos bailes ós que podemos xogar.


O regador

É un baile por parellas, agarrados de ganchete todas as parellas xiran en roda ata parar e atoparse fronte a fronte. Ahí fanse sinxelos pasos tradicionais, e un muíño leva a un cambio de parella e volta a roda.

O Lambonciño

É un xogo bailado no que todos se sitúan en roda excepto un que queda no medio, o ‘lambón’. O número de xogadores debe ser impar.

Divídese en catro partes:
·     na primeira a roda xira mentres se ri do lambonciño
·     na segunda o lambón escolle parella e botan un baile
·     na terceira todos collen parella o que queda sen ela pasa a ser o lambonciño.
·     por último este novo lambón, pode ‘pasarlle a bola’ a outro no que dura este anaco de canción.



Sesión 9: Tabas e xogos de ritmo
Precísase: Un espazo pechado, podería ser a propia aula


Tabas

Ademais das tabas, precisamos tamén para xogar unha pelota, pequena, que colla na cunca da man, e logo de establecerse a vez da xogada, comeza o primeiro participante lanzando as tabas sobre o chán ou unha mesa, ó chou.

Lanzada a pelotiña ó ar, débese coller unha taba e logo a pelota (coa mesma man) antes de que esta bata no chan.

Xogos de ritmo: o anel e Don Pedrón

O anel ou o furón:

Para este xogo precisase dun cordel e dun anel (ou calquera obxecto que colla nunha man e se poida meter a través do cordón, por exemplo, un carrete de fío).

Os xogadores/as séntanse todos en corro ben pegadiños uns dos outros menos un que queda no medio. Os de fora deben agarrar o cordón coas dúas mans e o que teña o anel agochalo ben. Ó ritmo dunha canción, xuntarán e separarán as mans, todos á vez, facéndoas chocar cos dos lados. Pretendese que nestes movementos o anel vaia pasando de man en man sen que o que panda (situado no medio da roda) os vexa.

Ó remate da canción o que panda ten que adiviñar en que man está o anel. Se o consegue pasará ó corro e será o outro xogador o que pande, en caso contrario pandará o mesmo ate descubrir que ten o anel.

A canción é:
‘O furón está por alí
Non o teño eu nin tampouco ti
O furón está por alá
Nin ti o verás tampouco eu cho vin’

  Don Pedrón:

Colócanse todos/as os/as xogadores/as en roda e sentados no chan. Cada xogador terá un obxecto (por exemplo unha noz) que colocará na palma da man esquerda.
Ó ritmo dunha canción teñen que coller o obxecto coa man dereita e pousalo na palma da man esquerda do compañeiro/a da dereita. Cando alguén se equivoque, perda o ritmo, acumule obxectos de mais estará eliminado.

A canción é:
‘Don Pedrón como era calvo
Amolábano os mosquitos
E a súa nai dicía:
-Pon o gorro que vai frío
O fallón, o fallón,
Imos xogar o fallón...
Que mo manda Don Pedrón...

francudeiro's TALLER DE XOGOS POPULARES 17 album on Photobucket
como era calvo...”