VISITAS

xoves, 18 de maio de 2017

FINAL PROVINCIAL BADMINTON EN IMAXES

O PASADO SABADO 13 DE MAIO DISPUTOUSE A FINAL PROVINCIAL DE BADMINTON NA UNIVERSIDADE LABORAL ONDE O NOSO ALUMNADO DISFRUTOU CON ESTE INTERESANTE DEPORTE,, AQUI DEIXAMOS UNHA SERIE DE IMAXES QUE RECOLLEMOS DURENTE O EVENTO, DESTACANDO A MEDAIA QUE ACADOU GAEL RGUEZ EN CATEGORIA BENXAMIN
francudeiro's PROVINCIAL BADMINTON 17 album on Photobucket

xoves, 4 de maio de 2017

XOGANDO AO ATLETISMO EN IMAXES

O PASADO 27 DE ABRIL DESPRAZÁMONOS AO PAVILLON DE RIBADAVIA A REALIZAR UNHA XORNADA DE ATLETISMO QUE RESULTOU MOI DIVERTIDA E SATISFACTORIA , AQUI PODEDES VER UN PEQUENO RESUMO DO BEN QUE O PASAMOS
francudeiro's XOGANDO AO ATLETISMO NO RIBEIRO 2107 album on Photobucket

mércores, 3 de maio de 2017

Orientación

Bos días. O vindeiro venres 19 de maio pola mañá, celebraremos no Xestal o Dia Mundial da Orientación (WOD-World Orienteering Day: http://worldorienteeringday.com/). O curso pasado máis de 250.000 nenos e nenas de escolas de todo o mundo celebrarono.
A dinámica da actividade será a seguinte. O alumnado participará en parellas, asignandóselle un mapa a cada unha. Non é preciso usar búxola. A saída será en masa (como no Campo a Través) e por quendas dos discintos ciclos educativos, desde o campo de fútbol. Daraselle unha breve explicación previa ao alumnado de cada ciclo, como a que segue a continuación:

1.- Cada parella buscará  na orde que desexe (ou sexa a orde libre típica nos percorridos de tipo Score: con puntuación; ainda que neste caso non se puntuará dado o carácter lúdico da actividade) as balizas que aparecen marcadas cun círculo morado no mapa. Cada círculo ou control ten un número ao seu carón, que se corresponderá co da baliza ubicada no terreo. Se atopan unha baliza que non ten o número indicado, supón que estan no lugar incorrecto.
2.- Unha vez na baliza correcta, teñen que picar coa pinza troqueladora -que estará pendurada da baliza- na casiña correcta do mapa (a que ten ese número), para así certificar o seu paso.

IMPORTANTE: As balizas non se poden mover do sitio (arrancar, tirar, etc,...) e se chegan varias parellas ao tempo, teñen que facer cola, respectándose, e picar na quenda que lles corresponda.
3.- Unha vez chegados á Meta (marcada por un dobre círculo concéntrico morado no mapa)-que estará no centro do campo de fútbol- cada parella deberá comprobar se picou correctamente, comparando ás súas picadas coas do tarxeta mestra de control do seu percorrido, que terá a organización.
O horario aproximado será o seguinte:
- 11:00h: Saída en Masa do 2º Ciclo de Primaria.
- 11:45h: Saída en Masa do 3º Ciclo de Primaria.

NOTA: Ao ser unha actividade de carácter lúdico-educativo non haberá tomas de tempos.

Esta actividade conta coa colaboración desinteresada do Club Pena Trevinca-Barco e a Delegación Ourensá da FEGADO-FEDO.

Atentamente, un saúdo.

AGRUPACIÓN DEPORTIVA ESCOLAR O RIBEIRO


luns, 1 de maio de 2017

ORIENTACIÓN NO CPI



Durante o mes de maio e se o tempo o permite, levaremos a cabo varias sesións de orientación no interior do centro para practicar este deporte tan divertido e motivante, preparádevos para a diversión!!!!!

Ademáis participaremos nas xornadas que se celebrarán na veronza o 19 de maio cos diferentes colexios da contorna!