VISITAS

xoves, 15 de xaneiro de 2015

NORMATIVA PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS RIBADAVIA 2015

NORMAS CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR
(Curso 2014/2015)
O Servizo de Deportes de Ourense da Xunta de Galicia en colaboración co Club Deportivo
Aurum, co Concello de Ribadavia e coa Delegación Ourensá da Federación Galega de
Atletismo, organizan para o presente curso académico o Campionato Provincial da
modalidade de CAMPO A TRAVÉS, dentro do programa “ACTIVIDADE DEPORTIVA”, como
se expón a continuación:
1.-CATEGORIAS:
CATEGORIAS                                       ANO DE NACEMENTO
Benxamín (masculino e feminino)                     2007-2006
Alevín (masculino e feminino)                          2005-2004
Infantil (masculino e feminino)                         2003-2002
Cadete (masculino e feminino)                           2001-2000
2.- PARTICIPACIÓN:
2.1.- Poderán tomar parte nesta proba todos os clubes e colexios clasificados nas
correspondentes fases comarcais da provincia de Ourense, que formalicen previamente a
súa inscrición na páxina da Federación Española de Atletismo como se explica no punto 3
destas normas. Esta condición non exime de ter feito a mutualización obrigatoria dos/as
corredores/as na web http://www.deporteescolargalego.com/
2.2.- Nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil, poderán tomar parte en cada unha das
probas, os DOUS PRIMEIROS EQUIPOS clasificados de cada zona e os OITO PRIMEIROS
ATLETAS, se non forman parte dos equipos clasificados. En ningún caso se correrá o posto
de invitado os atletas que chegaran a partir do 8º clasificado. Na categoría Cadete, queda
libre a participación.
2.3.- Cada Equipo estará formado por un mínimo de catro e un máximo de seis atletas.
2.4.- Tódolos participantes deben presentarse portando a camiseta do seu clube ou centro.
2.5.- En calquera momento, o Xuíz Arbitro da competición ou calquera membro da organización
cualificado para elo, poderá solicitar a IDENTIFICACION dos participantes. Polo tanto, os
delegados de cada clube ou colexio deberán portar o día da proba o listado da identificación
dos atletas dos que sexan responsables.
2.6.- Calquer aspecto non recollido nestas Normas Xerais rexirase pola normativa oficial de
XOGADE (Xogos galegos deportivos en idade escolar) e o Regulamento Federativo.
3. INSCRICIÓN:
3.1.-¡¡¡MOI IMPORTANTE!!!
As inscricións deberán facerse no sistema online da RFEA como prazo máximo as 20:00
horas do xoves 22 de xaneiro de 2015.
INSTRUCCIÓN PARA TRAMITACIÓN DE INSCRICIÓNS NA INTRANET DA RFEA
1.- Usar as claves asignadas para o meu centro, colexio, asociación, club, etc... que veñen
no pdf que se adxunta (CLAVES_OURENSE_XOGADE.pdf).
2.- Entrar na dirección web www.rfea.es. Picar no banner superior da dereita EXTRANET
RFEA.
3.- Entrar co usario e contrasinal que me asignaron. O programa pídeme que cambie o
contrasinal e faime volver a entrar co novo contrasinal. Debo apuntar e gardar este
contrasinal. Con certa periocidade o programa pedirá cambiar este contrasinal.
4.- Unha vez dentro da aplicación. Pinchar na opción AREA DE COMPETICIONES que se
encuentra abajo a la izquierda.
5.- Desplegase un menu, pinchar na opción INSCRIPCIONES TERRITORIALES.
6.- Encher os desplegables, Temporada, Mes e Federación.
- Como exemplo para esta primeira proba serían: 2014-2015, diciembre e Galicia.
7.- Nos resultados da búsqueda, elexir a nosa proba e facer clic na imaxen dunha tarxeta na
columna inscripciones (Insc., penúltima columna).
8.- Seleccionar prueba e sexo e facer clic en inscribir atleta escolar.
- No seguinte menú que sae, filtrar pola categoría que queramos inscribir e darlle a aceptar.
- Saenos un listado, seleccionar ós atletas que queiramos inscribir (marcamos a todos eles)
e aceptar.
- Repetir o proceso para cada Categoria.
9.- Unha vez finalizado o proceso de todas as inscricións, na pestaña Inscripciones, facendo
clic na lupa, podo xenerar un excell con todas as inscricións que acabo de realizar,
ordenados por categoría e sexo dos atletas.
Para calquera dúbida chamar a Angel Fidalgo ó teléfono 671 052 185.
NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN FÓRA DO PRAZO OFICIAL.
3.2.- O dia da competición, os/as delegados/as oficiais de cada equipo poderán realizar un
máximo de DOUS cambios en cada categoria, sobre a inscrición previamente realizada.
Estes cambios formalizáranse na Secretaría da Competición, até 30 minutos antés do
comezo da proba correspondente, momento no que finalizará o prazo de confirmación. Esta
posibilidade non exclúe de ter debidamente mutualizados/as aos/ás corredores/as.
4. DORSAIS:
4.1.- Os dorsais serán facilitados pola Organización a través da Secretaria até 30 minutos
antés do comezo da proba correspondente. Só se permitirá o uso dos dorsais facilitados,
que non poderán cortarse, dobrarse ou ocultarse de xeito algún.
4.2.- Os/As participantes quedan obrigados a levar os dorsais no peito, descalificándose a
quen non o leve así.
5. CLASIFICACIÓN:
5.1.- Estableceranse dúas clasificacións:
a) INDIVIDUAL: Segundo a orde de chegada á Meta.
b) POR EQUIPOS: Sumando os puntos obtidos polos catro (3 en Cadete)
corredores mellor clasificados, resultando vencedor o equipo que obteña o menor
número de puntos
5.2.- Clasificaranse para desputar a Fase Galega, OS DOUS MELLORES EQUIPOS das
categorías Alevín, Infantil e Cadete, non podendo haber dous equipos da mesma entidade
,Ademáis, clasificaranse os OITO PRIMEIROS/AS ATLETAS de cada categoría, sempre e
cando non sexan dalgún dos equipos xa clasificados. En ningún caso se correrá o posto de
invitado os atletas que chegaran a partir do 8º clasificado.
5.3.- No caso de que algún centro educativo ou clube, de conformidade coas normas
anteriores, presente varios equipos na mesma categoria, permitiráselle, se se clasifica para
as seguintes fases, formar os equipos seleccionando aos/as atletas.
6. LUGAR:
CIRCUITO DE A VERONZA, PARQUE DE A VERONZA RIBADAVIA
7. DATA:

ENTREGA DE TROFEOS Iranse realizando entregas ó acabar as carreiras
NOTAS:
- Para o traslado do alumnado ao lugar de celebración da proba, os/as responsabeis
ou delegados/as poranse en contacto co Presidente da súa Agrupación que
contactará co Servizo Provincial de Deportes, unha vez formalizada a inscrición.
- Darase comida ó rematar as competicións ós participantes e reponsables que
deberán confirmar a súa asistencia antes do luns 26 de xaneiro ás 12:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario